O perfil de egreso dos Graduados/as en Relacións Laborais e Recursos Humanos é o resultado da adquisición das competencias xerais e específicas do título.

As oportunidades que ofrece a formación multidisciplinar deste título son múltiples.

O Grado en Relacións Laborais e Recursos Humanos da Universidade de Vigo dá lugar a un perfil profesional claramente establecido, dirixido á análise e intervención en todo o referido ás relacións laborais dentro da empresa, e entre esta e outros axentes sociais, así como á xestión dos recursos humanos en organizacións privadas e públicas, que se asenta sobre tres alicerces formativos básicos: un xurídico, outro organizativo-económico e un máis de carácter psicosocial.

Este perfil se desglosa en toda unha serie de saídas profesionais posibles, que seguindo o establecido no Libro Branco do Título de Ciencias do Traballo e Recursos Humanos da ANECA, menciónanse:

  • Graduado social
  • Dirección e Xestión de Recursos Humanos
  • Xestión, mediación e intervención no mercado de traballo: axentes de emprego e desenvolvemento local
  • Asesoramiento xurídico-laboral
  • Prevención de riscos laborais
  • Administracións públicas
  • Auditoría Socio-laboral
  • Ensino