O título de Grado en Dereito está dirixido a todas aquelas persoas que queiran obter a formación xurídica xeral necesaria para desempeñas a súa actividade profesional estrechamente vinculados ao mundo do Dereito.

Deste xeito, o itinerario curricular está deseñado para procurar ao estudante unha formación integral que permita ao egresado o exercicio da profesión, ao aportar a formación xeral necesaria para poder cursas os contidos específicos dos Posgraos oficiais que habilitan para o exercicio da profesión de avogado e procurador, facilítelle o estudo e a superación do temario nas distintas oposicións reguladas que lle permita acceder ao corpo superior do funcionariado (xuíces, avogados do Estado, fiscais, etc.) ou, simplemente, permítalle aportar o imprescindible apoio xurídico que requira a empresa pública ou privada no desempeño da súa actividade profesional.

Profesións cuxo exercicio require como presuposto a obtención do Grado en Dereito:

  • Avogado
  • Procurador
  • Notario
  •  Rexistrador
  • Funcionario da administración de Xusticia (xuiz, fiscal, secretario de xulgado)
  • Funcionario das Administracións Públicas. Escala superior
    • Avogado do Estado
    • Inspector de Traballo
    • Técnico da Seguridade Social
    • Etc.
  •  Funcionario de Organizaciones Internacionais e Unión Europea
  • Ensinanza do Dereito