O Título de Grao en Dereito da Universidade de Vigo está orientado ao obxectivo xeral de proporcionar unha formación básica de contido xeral, na que se poidan adquirir os conceptos básicos da Ciencia do Dereito, así como un coñecemento adecuado, tanto teórico como practico, da estrutura do ordenamiento xurídico nacional, comunitario e internacional e, en particular dos contidos normativos das distintas ramas do Dereito.

O obxectivo fundamental do Título é formar integralmente profesionais e expertos de perfil eminentemente xurídico, cun coñecemento técnico e práctico do Dereito e os seus conceptos fundamentais, con capacidade para comprender o seu funcionamento e para adquirir destrezas e habilidades, que permitan ao graduado argumentar e desenvolver unha visión crítica do ordenamiento xurídico, así como as técnicas necesarias para a súa aplicación práctica.

Os obxectivos específicos deste grao en Dereito poden perfilarse con máis explicitud atendendo aos tres aspectos sobre os que se basea a formación nesta reforma dos Estudos superiores:

  •  Obxetivos propios da transmisión e comprensión activa do coñecemento dlo Dereito.
  • Obxetivos propios da metodoloxía docente implicada na reforma dos estudos.
  • Obxetivos referentes á proxección de estos estudos de Grao.

Información sobre obxetivos do Grao en Dereito