img_1A historia recente da Facultade de Ciencias Xurídicas y do Traballo sitúase nos primeros anos do século XXI pois nace, con tal denominación, por Decreto 66/2002, de 28 de febreiro da Xunta de Galicia. Con esta norma créase un novo centro na Universidade de Vigo, a Facultade de Ciencias Xurídicas y do Trabajo, na que se impartirán dos titulacións: Licenciado en Dereito Económico-Empresarial e Diplomado en Relacións Laboraies.

Non obstante, tanto os estudos xurídicos como os de graduado social víñanse impartindo dende facía anos na ciudade de Vigo e no Campus Universitario. Polo que se refiere aos estudos de Dereito, o Decreto 192/1993, de 29 de xullo autorizou a implantación da licenciatura en dereito no Campus de Vigo como sección delegada da Facultad de Dereito do Campus de Ourense.

Por outra banda, o Decreto 274/1991, de 30 de xullo creóu a Escola Universitaria de Graduado Social do Campus de Vigo como centro adscrito a Universidad de Vigo, por transformación do Seminario de Estudos Sociais de Vigo, e autorizouse a implantación dos estudos conducentes a  obtención do título de diplomado en graduado social. Posteriormente, polo Decreto 216/1999, de 15 de xullo autorizou o cambio de denominación da Escuela Universitaria de Graduado Social do Campus de Vigo (adscrita), polo de Escuela Universitaria de Relacións Laborais, albergando os estudos xa autorizados e ratificados polo Decreto 247/1992, de 30 de xullo conducentes ó título de diplomado en relacións laborais.

En definitiva, esta facultade crease pola transformación da Sección Delegada da Facultade de Dereito e a integración da titulación de relacións laborais co que se suprime a Escuela Universitaria de Relacións Laborais.

O Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais e que regula a transición ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) motivou a transformación dos dous títulos existentes en dous novos títulos: o Grao en Dereito e o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humáns.

Paralelamente, este proceso de transformación afectou tamén aos posgraos e, así, atopámonos coa oferta de 4 títulos de master: master en Dereito de Empresa, master en Avogacía, master en Xestión e Dirección Laboral e master en Menores en situación de desprotección e conflito social.