planoA Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo atópase situada no Campus Universitario da Universidad de Vigo. Trátase un edificio inaugurado no ano 2001 e que ocupa unha parcela situada nunha das ladeiras do val que conforma a zoa de Lagoas-Marcosende na que se atopan los edificios das Facultades da ciudade universitaria. En concreto, sitúase próxima as Facultades de Económicas,  de Filoloxía e a poucos metros da Ciudad Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI).

A estructura do edificio aproveita a doble vertente do terreo, o que fai que se trate dun edificio singular. Conta con cuatro grandes módulos, que se identifican coas primeras letras del abecedario (A, B, C y D), que contieñen, a sua vez, aulas de docencia e despachos de profesores que se identifican coa letra del módulo no que se atopan e un número dunha cifra para as aulas e de tres para os seminarios ou despachos. A Facultade está conectada, mediante unha pasarela, coa contigua Biblioteca da Facultade de Económicas.

Dispoñibilidade e adecuación de recursos materiais e servizos

Como medios materiais e servizos dispoñibles inclúense todas as infraestruturas e equipamentos dos centros e que resultan indispensables e adecuados para o desenvolvemento dos ensinos impartidos no Grao. Para ese efecto, priorizáronse os mecanismos tendentes a conseguir a plena eliminación de barreiras arquitectónicas en toda a Facultade. A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo en Vigo conta con instalacións que cumpren plenamente as esixencias de accesibilidade establecidas na normativa de aplicación. En concreto, existen zonas de aparcadoiro de minusválidos, ramplas para facilitar o acceso ao edificio desde o exterior, ramplas interiores que facilitan a mobilidade entre as distintas dependencias do Centro. As distintas plantas do edificio tamén están dotadas cos ascensores necesarios. E, por último, existen en todos os niveis das edificacións servizos convenientemente preparados para o seu uso polas persoas que se atopan na mencionada situación de discapacidade.

O Decanato é o órgano responsable da revisión periódica dos medios materiais e servizos adscritos aos centros asegurando, na medida da dispoñibilidade orzamentaria, a súa adecuación ás actividades formativas do título.

A detección de necesidades materiais de docentes, do persoal de administración e servizo e alumnos realízase mediante a atención das demandas transmitidas ben directamente aos equipos decanales, ou ben a través das correspondentes caixas de correos de queixas e suxestións polos citados colectivos.

Os servizos de carácter complementario, tales como o servizo de reprografía ou o servizo de cafetaría ou comedor, atendidos por empresas privadas, réxense pola normativa de contratación do sector público.

Por último, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo implantou un procedemento propio de selección de recursos materiais e de provedores de aplicación no non regulado pola normativa de rango superior.

Tipoloxía de espazos e dotación de infraestruturas de docencia-aprendizaxe

AULAS

  • A1: 93 Postos, computador, canón de vídeo
  • A2: 90 Postos, computador, canón de vídeo
  • A3: 72 Postos, computador, canón de vídeo
  • A4: 50 Postos, computador, canón de vídeo
  • B1: 72 Postos, computador, canón de vídeo
  • B2: 50 Postos, computador, canón de vídeo
  • B3: 110 Postos, computador, canón de vídeo
  • B4: 90 Postos, computador, canón de vídeo
  • B5: 122 Postos, computador, canón de vídeo
  • C1: 72 Postos, computador, canón de vídeo
  • C2: 50 Postos, computador, canón de vídeo
  • C3: 110 Postos, computador, canón de vídeo
  • C4: 90 Postos, computador, canón de vídeo
  • D1: 82 Postos, computador, canón de vídeo
  • A101: 51Postos, computador, canón de vídeo
  • A102: 38 Postos, computador, canón de vídeo

*Todos os laboratorios contan con wifi

SEMINARIOS

  • A301 24 Postos, Canón de vídeo, Ordenador
  • B301 24 Postos, Canón de vídeo, Computador
  • A201 24 Postos, Canón de vídeo, Ordenador
  • C301 24 Postos, Canón de vídeo, Ordenador
  • C201 24 Postos, Canón de vídeo, Ordenador
  • D301 24 Postos, Canón de vídeo, Ordenador
  • D201 24 Postos, Canón de vídeo, Computador

*Nos Seminarios instalaranse 6 con base de datos sobre termos xurídicos
*Todos os Seminarios contan con wifi

SALA DE XUNTAS

  • A302 14 Postos, Canón de vídeo, Ordenador
  • B202 14 Postos, Canón de vídeo, Ordenador
  • B302 14 Postos, Canón de vídeo, Ordenador
  • C202 14 Postos, Canón de vídeo, Ordenador
  • C302 14 Postos, Canón de vídeo, Ordenador
  • D202 14 Postos, Canón de vídeo, Ordenador
  • D302 14 Postos, Canón de vídeo, Ordenador

*Todas as Salas contan con wifi

OUTROS ESPAZOS: AULAS DOTADAS CON SISTEMA DE VIDEOCONFERENCIA, SALÓN DE GRAOS, SALA DE XUNTAS, SALAS DE LECTURA, ZONA DE LIBRE ACCESO A EQUIPOS INFORMÁTICOS

  • SALÓN DE GRAOS: 154 Postos, canón de vídeo, ordenadora
  • AULA DOTADA CO SISTEMA DE VIDEOCONFERENCIA: 30 Postos, canón de vídeo, computador
  • SALA DE XUNTAS A205 (DECANATO):16 Postos.
  • DELEGACIÓN DO ALUMNADO D201: 30 , canón de vídeo, ordenador
  • ZONA DE LIBRE ACCESO A EQUIPOS INFORMÁTICOS: 90 postos, canón de vídeo, computador
  • Tamén é destacable a dotación do Salón de Graos cun equipo de videoconferencia multipunto.
  • DESPACHOS Profesorado: 67
  • DESPACHOS Persoal de Administración e Servizos: 8
  • DESPACHO para Delegación de Alumnado:1

Outras instalacións e servizos:

  • Biblioteca situada no edificio da Facultade
  • Servizo de reprografía: servizo situado na planta baixa da Facultade.
  • Servizo de cafetaría e comedor: servizo situado no edificio.
  • Servizo de aparcadoiro con prazas reservadas a minusválidos.
  • Outros recursos para a docencia:
  • Conexión inalámbrica a internet
  • Recursos docentes en Rede: plataforma FAITIC
  • Web dá Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Outras instalacións de interese son as seguintes:

  • Biblioteca situada no edificio da Facultade.
  • Servizo de reprografía.Delegación de alumnos.
  • Servizo de reprografía.
  • Servizo de cafeteria e comedor.

Outros recursos para a docencia e a aprendizaxe:

  • Conexión inalámbrica. Cabe sinalar que todas as aulas da Facultade foron convenientemente cableadas, para facilitar a utilización dos equipos informáticos propios por parte do alumnado, contando ademais con conexión inalámbrica a Internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola Universidade.
  • Web da Facultade de Dereito. Ferramenta de traballo indispensable para poder manter informado ao estudante, alí facilítase toda a información relativa á facultade. A súa xestión realízase directamente polo Vicedecano de estudantes e actividades culturais.
  • Recursos docentes en Rede. Como apoio á docencia, a Universidade de Vigo puxo a disposición de profesorado e alumnado a plataforma FAITIC  con recursos en liña destinados á teleformación. Realizáronse as obras necesarias para dotar a todas as aulas e seminarios existentes dos medios tecnolóxicos específicos que permitan a utilización dos recursos informáticos necesarios para conseguir mellorar a docencia e o rendemento académico do alumnado.