• Grao en Dereito: Prof. Doutor Pablo Fernández Carballo-Calero
  • Grao en RRLL e RRHH: Profa. Doutora Belén Fernández Docampo

O coordinador/a da Titulación de Grao desenrola as competencias sobre todos os aspectos relacionados coa aplicación dos contidos da Memoria do Título, a proposta de modificación, así como, sobre todas as accións de innovación e mellora derivadas da avaliación do desenrolo da titulación.
No ámbito das funcións que teñan atribuidas o/a coordinador/a da Titulación de Grao será o encargado/a de colaborar co equipo decanal do Centro e, en particular, cos vicedecanos/as competentes, no seguimento da implantación e o cumprimento dos obxetivos dos respectivos títulos de grao.
Poderá desempeñar calquera outra función que lle poda encomendar o Equipo Decanal do Centro ou a Xunta de Facultade, sempre en aspectos relacionados directamente coa docencia da titulación, ademais das que a continuación especificanse:

  • Propor o calendario de elaboración de guías docentes e informar ao equipo decanal do Centro do peche das guías docentes dentro dos plazos fixados.
  • Xestionar o seguimento da elaboración, implementación, coordinación e cumprimento das guías docentes das titulaciones de Grao.
  • Coordinar a actividade docente de cada curso
  • Convocar reunións cos coordinadores/as de curso –si existisen-, co profesorado (Comisión Académica do Grao) e alumnado para analizar a marcha da docencia na Titulación.
  • Redactar un informe ao final de cada cuatrimestre, para dar conta ao Equipo Decanal da Facultade e á Comisión de Calidade das incidencias detectadas no desenrolo da docencia e as posibles solucións.
  • Colaborar  na organización, programación e coordinación de actividades complementarias da titulación (conferencias, charlas, etc.)
  • Colaborar no Programa de Acollida dos Estudantes (Curso CERO), proporcionando aos novos alumnos información dos seus dereitos e obrigacións, información académica sobre os Graos, funcionamento dos servizos da Facultade e todos aqueles aspectos que se consideren relevantes para o adecuado desenrolo dos alumnos.
  • Evaluar as necesidades materiais docentes das titulacións (equipamento e infraestructuras), e facer a correspondente proposta ao equipo decanal para a súa adquisición.
  • Colaborar co Vicedecano/a de Calidade na elaboración e seguimento das enquisas de satisfacción dos Graos e no PAT (Plan de Acción Titorial).

NORMATIVA INTERNA DE COORDINACIÓN DAS TITULACIÓNS DE GRAO:

(Aprobado pola Xunta de Facultade, o 30 de xuño do 2011)
http://cienciasxuridicasedotraballo.webs.uvigo.es/wp-content/uploads/2014/08/Normativa_Interna_Coordinacion_Titulaciones_Grao.pdf