Non se esixe ningunha formación previa específica para o ingreso no Grado en Dereito.

Precisamente, un dos atractivos e fortalezas da nova titulación é estar aberta a estudantes procedentes das distintas ramas de bacharelato, aínda que, séguese recomendando que os alumnos de novo ingreso opten na etapa educativa anterior á universitaria por unha formación orientada ás Ciencias Sociais e Humanidades, así como coñecementos básicos de matemáticas.

Recoméndase aos alumnos que teñan inquietudes culturais, hábitos de lectura, etc. que lles permitan adquirir competencias propias do ámbito xurídico como interese por descubrir e profundar no marco normativo, aprendizaxe autónoma, etc.

Podemos resumir como as calidades máis desexables do futuro estudante do Grado en Dereito da seguinte forma:

  • Interese por aspectos relacionados co mundo xurídico
  • Comprensión e análise de textos
  • Boa comprensión oral e escrita
  • Capacidade de síntese e argumentación.
  • Habilidade para a resolución de problemas e toma de decisións
  • Disposición para o traballo en equipo
  • Constancia e responsabilidade no traballo
  • Intereses sociais e culturais
  • Interese polas ciencias sociais e xurídicas
  • Capacidade de concentración e atención
  • Boa memoria
  • Capacidade de abstracción
  • Comprensión e fluidez verbal
  • Facilidade para o trato co publico