O Sistema de Garantía  Interno de Calidade da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (FCXT) contempla un procedemento de atención ás queixas e suxestións.

Tódolos usuarios/as da FCXT poderán presentar Queixas e Suxestións sobre as actividades desenvoltas nos ámbitos de docencia, investigación e xestión. Os formularios de suxestións e queixas teñen por obxectivo recoller as manifestacións de insatisfacción dos distintos grupos de interese ligados á Facultade, ou presentar iniciativas de mellora da Calidade no Centro.

O obxectivo do sistema é facilitar o achegamento e ofrecer un servizo máis eficaz e eficiente que redunde nunha maior calidade e incremento do grao de satisfacción de tódolos seus grupos de interese.

Na actualidade o sistema está centralizado na Universidade de Vigo e está dispoñible no seguinte enlace web: https://seix.uvigo.es/uv/web/qsp/qsp/formulario_inicio.