De acordo cos Reais Decretos 1393/2007 e 861/2010 (que modifica ao anterior), polos que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, todos os títulos que se imparten na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, intégranse nun Sistema de Garantía Interna da Calidade (SGIC), e participan nos programas de Verificación/Modificación, Acreditación e Seguimento de Títulos.

O 3 de xuño de 2015, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, certificou que o Sistema de Garantía Interna da Calidade da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo hase implantado conforme ás directrices establecidas no programa FIDES-AUDIT

A comisión de garantía de calidade do centro é o órgano encargado da planificación das tarefas relacionadas coa implantación e seguimento do SGIC.

Informe favorable Certificación SGIC do 3 de xuño de 2015