img_5

Estructura Interna

A delegación de Alumnos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo forman parte dos diversos Órganos de Goberno da Universidade e da Facultade.

A Delegación de Alumnos réxese polos seus Estatutos. Establece o seu orzamento dacordo coa partida orzamentaria da Facultade establecida para tales fins. Ó final de cada exercicio economico a Delegación ten que presentar a súa memoria de gastos na Xunta de Facultade.

Ubicación e Horarios

A Delegación ten a súa sede na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

Os horarios de atención o estudante son con horario de mañá(9:00 a 14:00) e tarde(16:00 a 21:00) agás nos periodos vacacionais e de exámes.

Solicitude de taquillas

Funcións máis importantes:

  •  Procedemento para cambio de datas de exame.
  •  Reclamacións ás calificacións dos exames.
  •  Cómo recurrir as distintas resolucións de carácter administrativo (denegación de cambio de turno, concesión de créditos de libre elección, etc.)
  •  Solicitude de subvencións para actos oficiais e extraoficiais (acto de graduación, festividade do patrón, etc.)
  •  Asesoramento sobre organización do “paso de ecuador”.
  •  Posibilidades de colaborar e axudar na propia delegación.