• Facultade
    de Ciencias Xurídicas
    e do Traballo
  • Facultade
    de Ciencias Xurídicas
    e do Traballo
  • Facultade
    de Ciencias Xurídicas
    e do Traballo

Grao en Dereito

Co obxectivo fundamental de formar profesionais de perfil xurídico cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co Dereito, os novos graduados poderán identificar, analizar e dar solucións aos problemas xurídicos, no exercicio libre, tanto en empresas como nas Administracións Públicas.

+ info

Grao en Relacións Laborais e RRHH

Ten como obxectivo proporcionar unha formación integral e multidisciplinar no ámbito sociolaboral, para deseñar e implantar estratexias e políticas de recursos humanos e intervención no mercado de traballo, atendendo ás súas perspectivas xurídica, organizativa, psicolóxica, sociolóxica, histórica e económica.

+ info

Posgraos

Máster en Dereito de Empresa

Máster de orientación laboral e constitúe un instrumento de formación para licenciados e graduados en Dereito, Relacións Laborais e noutras titulacións afíns.

+ info

Máster en Avogacía

Máster de orientación profesional no marco da profesión regulada de avogado, permitindo cumprir as condicións necesarias para o exercicio da profesión no noso país.

+ info

Máster en Xestión e Dirección
Laboral

Máster impartido dentro dun programa interuniversitario nas tres Universidades do Sistema Universitario Galego (USC, UDC y UVigo), xerando, mediante a mobilidade de profesorado e alumnado, unha docencia de calidade.

+ info

Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social

Máster para formar investigadores con capacidade de deseñar, poñer en práctica e liderar proxectos e procesos de investigación en materia de desprotección e conflitividade social dos menores de idade.

+ info

Grao en Dereito

Os novos graduados, profesionais de perfil xurídico cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co Dereito, poderán identificar, analizar e dar solucións aos problemas xurídicos, no exercicio libre, tanto en empresas como nas Administracións Públicas. O grao proporciona ao estudantado a estrutura xeral e os conceptos fundamentais das diversas disciplinas xurídicas, para que, sobre esta base, os novos graduados poidan identificar, analizar e dar solucións aos problemas xurídicos, no exercicio libre, tanto en empresas como nas Administracións Públicas.

Grao en Relacións Laborais e RR.HH.

Proporciona unha formación integral e multidisciplinar no ámbito sociolaboral, para deseñar e implantar estratexias e políticas de recursos humanos e intervención no mercado de traballo, atendendo ás súas perspectivas xurídica, organizativa, psicolóxica, sociolóxica, histórica e económica. Permitirá ao alumno participar na comunicación en diversos ámbitos de actuación como asesoramento laboral, xestión e dirección de persoal, organización do traballo e mediación no mercado de traballo.